martes, 3 de diciembre de 2013

Orientacióooon

Este Sabado pasado, participei por primeira vez nun campeonato de Orientación.

Este campeonato celebrouse na Coruña, xunto a Torre de Hercules, no terreo que aparece na imaxen superior. Nel celebrouse unha proba de orientación por relevos, unha proba de orientación de iniciación larga (a cal eu realicei) e unha proba de iniciación corta.

A proba de iniciación constaba de 21 balizas, distribuidas o longo do terreo. Para participar entregaronnos un dorsal, un mapa (o da imaxe) e un "chip" que tiñas que pasar por cada baliza, o pasar o "chip" pola baliza esta pitaba e podias continuar en busca da seguinte baliza. Para completar a proba tiñas que realizar o circuito enteiro, pasando por todas as balizas, polo orde que aparecía no mapa. En caso de saltarse algunha baliza, en caso de non facelas por orden ou en caso de non completar o circuito quedabase eliminiado.

No meu caso creo que completei a proba de maneira correcta, pero hasta que non vexa os resultados non o podo asegurar, pero aínda que non fora así estou encantado de participar nun campeonato de orientación. Un deporte bastante minoritario en Galicia pero no que habia bastantes participantes e público.


Unha imaxe que comproba a miña participación.
Un saúdo