domingo, 15 de diciembre de 2013

Rugby Tag

Pois hoxe a miña entrada vai dedicada o rugby tag, un deporte que levamos practicando dende que empezou o curso e que este Xoves 19 de Decembro disputaremos un torneo xunto os de 2º ciclo.


Reglas de Rugby Tag:
  • O equipo terá de un maximo de 12 xogadores, 7 no campo.
  • O partido terá dúas partes de 20 minutos con 5 minutos de descanso entre ambas.
  • O campo é a mitad de un de rugby transversalmente.
  • Todos os xogadores levan un cinturón de Tag rurby na cintura ou nuns pantalons de Tag, con duas cintas pegadas a ambos lados con velcro. Os dous equipos levan diferentes colores de Tag.
Defensa.
     
     O equipo que defende debe reducir o espacio de ataque para avanzar.
     O equipo que defende non pode tocar os xogadores atacantes. Solo poden coller a cinta(Tag) e quitala da cintura do xogador atacante que leva o balón. Todas as outras formas de contacto non estan permitidas, si esta regla se infringe o xogador sera penalizado.

A placaxe(Tagging)
    
    A placaxe consiste en quitar un Tag ao xogador atacante que porta o balón. O xogador atacante pode correr buscando o espazo libre ou evitar un xogador de defensa. Non obstante, non pode impedir que o xogador en posicion de defensa lle quite o Tag nin puiden taparseloco mesmo fin. Se un xogador en defensa quita un Tag ao equipo atacante, este debe gritra "Tag" ou "placaxe", o xogo volve ao punto de placaxe se o arbitro asubía un placaje.El equipo en posición de defensa ten que retirarse a 7 metros e o equipo atacante recomienza dende o punto de placaxe. O equipo en posición de ataque ten 6 oportunidades para atacar en cada posesión. Despois da sexta oportunidade a posesión pasa ao outro equipo. Un xogador non pode xogar se os dous "tags" non están pegados a ambos os dous lados das súas cadeiras.

 Fora de Xogo

   Despois da placaxe todo o equipo en posición de defensa debe colocarse a 7 metros detrás de onde se produxo a placaxe. Non poden obstruír o xogo se o outro equipo saca rapidamente.

O ataque

O equipo atacante ten seis tentativas para marcar un ensaio en cada posesión a menos que perda a posesión. O xogador atacante debe correr cara ao espazo ou cara a un xogador en posición de defensa. Se non hai espazo o xogador debe pasar o balón a outro que estea en mellor posición. O xogador atacante que foi placado(tagged) debe volver ao punto da placaxe para comezar o xogo e pasar o balón co pé cara a atrás, un compañeiro levantarao. Se un xogador non ten os dous tags pegados ás súas cadeiras pode xogar, pode só pasar o balón atrás co pés para recomenzar o xogo, pero inmediatamente debe pegarse o tag antes de actuar sobre o balón, se intervén sobre o balón sen pegarse un ou os dous tags o árbitro dará a posesión ao outro equipo.

O pase

O balón debese pasar hacia atras, porque si se pasa hacia diante e falta e a posesión pasaría para o equipo contrario.

Golpe avanzado

Cando o xogador intenta coller, pasar ou recoller o balón e este cae hacia diante, a posesión pasará o outro equipo.

A patada

Podese dar patada pero o balón non pode ir mais alto que o hombro dos outros xogadores. Un xogador non debe dar unha patada cara os outros xogadores, esta debe ir o espacio.

Caer o tirarse o chan

O rugby Tag é un xogo no que os xogadores teñen que estar siempre de pe, se a pelota cae, hacia detrás claro, o xogo pode continuar e calquera dos dous equipos pode coller o balón, pero os xogadores non poden tirarse o chan e demasiado perigoso.

Línea de Banda

Si o balón sale pola linea de banda a posesión pasa para o outro equipo e comeza o punto onde saliu o balón.

Os recomezos

Despois dun ensaio o outro equipo recomenza o partido cunha patada de "drop" dende a súa liña de ensaio (é a única patada que permite ao balón superar o nivel do ombro). Para todos os demais recomezos o xogo comeza cun pase gratis.

Marcar puntos

O obxecto do xogo é marcar un ensaio. Un ensaio é cando un xogador pon o balón no chan detrás da liña de ensaio do outro equipo. Por razóns de seguridade un xogador non pode tirarse ao chan para marcar un ensaio. Un ensaio ten un valor de 1 punto (salvo cando é un partido mixto - homes e mulleres- para a muller un ensaio ten o valor de 3 puntos e de 1 punto sempre para os homes.).

O arbitro

O traballo do arbitro e facer que o xogo sexa tan seguro como agradable.

As faltas

Para o contacto deliberado ou as faltas repetitivas o árbitro pode dar unha tarxeta amarela ("sen bin" -7 minutos) ou unha tarxeta vermella (o xogador ten que deixar o xogo e o seu equipo xoga cun xogador menos. Para as faltas o árbitro pode dar a posesión ao outro equipo, avanzar o xogo 10 metros, xogar con vantaxe, ou dar as tarxetas amarelas e vermellas.

A vantaxe

En lugar de parar o partido cada vez que hai unha falta, os árbitros poden dar vantaxe ao equipo contrario se hai posibilidade de que este poida obter unha vantaxe táctica ou territorial. En caso de xogo perigoso ou de sospeitas de feridas as vantaxes non deben ser permitidas. O árbitro debe solucionar o problema.

As infraccións

Se hai contacto intencionado ou infraccións repetidas o árbitro está obrigado a mostrar ao xogador unha tarxeta amarela (sen bin 7 minutos) ou vermello (fóra de campo). As infraccións poden ser penalizadas polo árbitro do seguinte xeito: pasar a posesión ao equipo contrario; fisicamente adiantar o xogo dez metros dando vantaxe ao equipo non penalizado; sacar unha tarxeta vermella ou amarela de acordo coas regras de rugby Tag.

As substitucións

Póidanse facer substitucións en calquera momento e tan a miúdo como se desexe cos 12 xogadores do equipo.

A seguridade

A pesar de que o rugby tag é un xogo sen contacto recoméndase levar proteccións dentais por se houbese colisións accidentais. Tamén se recomenda levar os pantalóns especiais de rugby tag para evitar que se enganchen os dedos nos petos e os cintos.



Isto é todo por hoxe
Un saúdo




jueves, 12 de diciembre de 2013

Actividades Individuales

Unha semana mais comezamos a semana con natación, na piscina de Frigsa continuamos mellorando a nosa técnica nos catro estilos que a compoñen. Nesta sesión fixemos a ficha de avaliación de braza, en breves a engadirei a miña sesion de articulos, neste estilo avaliamos a ación dos brazos, ación das pernas, coordinación...


Non estaría nada mal nadar como estas..


                                     

Tamen tivemos tempo para practicar algo espalda, para corregir ou mellorar aquelas partes que peor levamos neste estilo e o mesmo fixemos co estilo crol. Para mellorar ou correguir eses errores que temos neses estilos utilizamos obxectos que nos serven de axuda, como: aletas, taboa, pullboy..



E así concluimos unha nova sesión de piscina.

Mércores (Sesión de atletismo)

Nesta sesión estivemos na pista de atletismo que esta xunto o noso instituto e estivemos practicando salto de pértiga e salto de altura.
Salto de pértiga. 
                                  

Nestas sesións iniciais neste estilo de saltos estamos mirando como se porta correctamente a pértiga, ca man situada mais atras agarrando a pértiga pola parte de arriba, cos dedos soltos sen agarrar e ca man que esta mais adiante agarrando a pértiga.
                                                    

Tamen practicamos a batida como se apoia correctamente a pértiga para superar o listón, cando vamos encarar o listón cruzamos a pértiga e apoiamola e collemos impulso para superar o listón.


Iremos paso a paso neste estilo pero non estaria nada mal saltar asi..

                                     

Salto de altura. En este estilo vimos dous estilos de saltos de altura e estivemolos practicando, estes estilos son o rodillo ventral e o Fosbury.
  • "Rodillo ventral". Nesta técnica o atleta ataca o listón de frente, ponse sobre o listón pasando primeiro unha perna e un brazo e gira sobre o eixo imaxinario que formaría o seu propio corpo sobre o listón para conseguir superalo.
                                                     

  • Salto de Fosbury. Nesta técnica o atleta ataca o listón en direción transversal e seguindo unha traxectoria curva, para unha vez ante o listón saltar de espaldas ao mismo e co brazo mais proximo extendido.
                                               

Para terminar deixarei un video tamen de salto de altura, un salto Fosbury que e mais utilizado na actualidad.
                                        

Esto e unha parte do que cada semana imos traballando e aprendendo nesta asignatura.
Un saúdo

martes, 3 de diciembre de 2013

Orientacióooon

Este Sabado pasado, participei por primeira vez nun campeonato de Orientación.

Este campeonato celebrouse na Coruña, xunto a Torre de Hercules, no terreo que aparece na imaxen superior. Nel celebrouse unha proba de orientación por relevos, unha proba de orientación de iniciación larga (a cal eu realicei) e unha proba de iniciación corta.

A proba de iniciación constaba de 21 balizas, distribuidas o longo do terreo. Para participar entregaronnos un dorsal, un mapa (o da imaxe) e un "chip" que tiñas que pasar por cada baliza, o pasar o "chip" pola baliza esta pitaba e podias continuar en busca da seguinte baliza. Para completar a proba tiñas que realizar o circuito enteiro, pasando por todas as balizas, polo orde que aparecía no mapa. En caso de saltarse algunha baliza, en caso de non facelas por orden ou en caso de non completar o circuito quedabase eliminiado.

No meu caso creo que completei a proba de maneira correcta, pero hasta que non vexa os resultados non o podo asegurar, pero aínda que non fora así estou encantado de participar nun campeonato de orientación. Un deporte bastante minoritario en Galicia pero no que habia bastantes participantes e público.


Unha imaxe que comproba a miña participación.
Un saúdo

jueves, 28 de noviembre de 2013

Mais Frigsa


Outra semana mais as 12 iniciamos outra sesión de piscina, para continuar mellorando os nosos estilos. Como non traballamos todos os estilos: tanto crol, como espalda, como braza e como mariposa.

Esta sesión iniciamola facendo catro largos co estilo que nos quixeramos, eu obtei facer os catro largos a crol xa que e o estilo que mais domino e mais me gusta nadar. Despois destes catro largos tivemos nadando crol para mellorar aqueles aspectos deste estilo que levemos peor, coa axuda de elementos como: a tabla, aletas...

Despois nadamos braza e espalda. En braza centramonos en mellorar o movemento dos brazos, no meu caso tamen me tiven que fijar na posición dos pes (Maldito pé dereito) mentras na espalda nos centramos en manter a posición estirada coa axuda das aletas.

Logo realizamos a avaliación de espalda, que para a miña sorpresa foi mellor do que pensaba, pódese comprobar no borde da dereita.


O final da sesión practicamos un pouco de mariposa, sobre todo a ación dos brazos.

E isto foi todo o que realizamos nesta sesión de piscina.
Un saúdo

lunes, 11 de noviembre de 2013

Mais natación



Continuamos unha semana mais aprendendo e mellorando a nosa técnica nos catro estilos da natación.

  • Braza. Nesta sesión  neste estilo centramonos na acción dos brazos, mentras ata o momento nos centraramos na posición das pernas na braza este luns fijamonos na acción que a realizan os brazos, salvo algúns como e o meu caso que continuamos a mellorar a posición dos pes, pouco a pouco conseguiremolo.   


  • Espalda. Neste estilo tamen continuamos mellorando, nesta nova sesión nadamos medios largos xa realizando a todos os movimientos deste estilo, alguns con mais dificultades que outros.
  • Mariposa. Hoxe volvemos a practicar este estilo, hoxe miramos a posicion das pernas, xa que na mariposa as pernas realizan un movimento simultaneo, tivemos que prestar atención principalmente a esto.


  • Crol. Nesta sesión realizamos unha evaluación deste estilo, para saber que tal imos. Fixemos de técnicos e analizamonos uns os outros. (VEXASE ARTICULO: EVALUACIÓN DEL ESTILO CROL).
Nesta entrada queria falar da acción das aletas, xa que as utilizamos a maior parte das sesión. Cas aletas podemos traballar con maior facilidade e dedicar mais atención os seguintes aspectos.
  1. Podemos facer mais hincapé na técnica de brazada sen estar pendentes da coordinación.
  2. A posición do noso corpo na auga e o traballo do rolido, importante para encadear de maneira mais fluida o movemento dos brazos.
  3. Por suposto, a mellorar o traballo dos pes.
  4. Axudannos a coordinar os pés e os brazos. 

Espero que na proxima entrada xa pode decir que domino todos os estilos.
Un saúdo.

http://www.mybestchallenge.com/blog/material-para-el-perfeccionamiento-de-la-natacion-i-las-aletas/



lunes, 4 de noviembre de 2013

Toca Marcha


A marcha atlética

A Marcha Atlética é unha progresión de pasos executados de modo que o atleta se manteña en contacto co chan, co fin de que non se produza perda de contacto visible (a simple vista). A perna que se avanza ten que estar recta, (é dicir, non dobrada polo xeonllo) dende o momento do primeiro contacto co chan ata que se ache en posición vertical.

REGLAMENTO
Xuíces.


  • Os Xuíces de Marcha designados elixirán un Xuíz Xefe, se o devandito Xuíz non foi nomeado con anterioridade.
  • Todos os Xuíces actuarán individualmente e os seus xuízos basearanse en observacións feitas a simple vista.
  • Nas probas en estrada, deberá haber normalmente un mínimo de seis e ata un máximo de nove Xuíces, incluído o Xuíz Xefe.
  • En probas en pista, deberá de haber normalmente seis Xuíces, incluído o Xuíz Xefe.
Avisos.
  • Os atletas teñen que ser advertidos cando, polo seu modo de progresión, corren o risco de incumprir as normas. Un disco amarelo co símbolo en ambas as dúas caras da irregularidade cometida seralles mostrado.
  • Non poderán ser obxecto dun segundo aviso do mesmo Xuíz pola mesma infracción. Despois de avisar un atleta, o Xuíz ten que informar desta acción o Xuíz Xefe despois da competición.
Tarxetas vermellas.

Cando un Xuíz observa a infracción, en calquera momento da proba, ben por perda visible de contacto ou por dobrar o xeonllo, o Xuíz enviará unha Tarxeta Vermella ao Xuíz Xefe.

Descalificación.

  • Despois de tres tarxetas vermellas de tres xuíces diferentes fosen enviadas ao Xuíz Xefe o atleta será descualificado e informado desta descualificación polo Xuíz Xefe ou o seu Adxunto mostrando ao atleta un disco vermello. A ausencia de notificación non levará consigo a recualificación dun atleta descualificado.
  • En ningunha circunstancia ningún Xuíz pode emitir dúas tarxetas vermellas ao mesmo atleta.
A Saída

As carreiras comezaranse co disparo dunha pistola. Utilizaranse as ordes e o procedemento das carreiras superiores a 400 m. En carreiras onde haxa un gran número de atletas, deberá darse un aviso 5 minutos antes da saída da carreira, así como outros avisos adicionais se fosen necesarios.

Postos de Esponxas, Bebidas e Avituallamento

  • Na saída e chegada de todas as carreiras haberá auga e outros refrescos apropiados.
  • Para todas as probas ata 10 Km. inclusive se poñerán postos con intervalos apropiados.
  • Para todas as probas superiores a 10 Km., poñeranse postos de avituallamento en cada volta.
  • Un atleta que se procure avituallamento en calquera outro lugar distinto dos postos asignados, exponse a ser descualificado polo Xuíz-Árbitro.


Desenvolvemento da Proba

  • Nas probas de 20 Km. ou máis, un atleta poderá abandonar a estrada ou pista co permiso e baixo a supervisión dun Oficial, sempre que a distancia por percorrer non sexa diminuída ao deixar o circuíto.
  • Se o Xuíz-Árbitro está convencido, respecto ao Informe dun Xuíz ou dun Auxiliar, que un atleta deixou o percorrido marcado, reducindo así a distancia a percorrer, o atleta será descualificado.
DESCRIPCIÓN TECNICA. ACIÓN DAS PERNAS

  • Dobre apoio: Esta fase dáse cando ambos os dous pés do atleta se encontran apoiados no chan.
  • Tracción: Nesta fase da técnica o atleta leva as cadeiras cara a diante ata que o centro de gravidade coincide coa vertical da perna de ataque e se inicia o movemento de brazos.
  • Relaxación: É o momento no cal as cadeiras se encontran sobre a vertical da perna adiantada, apoiada xa na totalidade da planta do pé.
  • Impulso: Nesa fase, o centro de gravidade supera a vertical da perna de ataque. A perna que realizou a fase de tracción realiza un impulso marcando a extensión do nocello, mentres que a outra, acompañada dunha rotación de cadeira, lévase cara a adiante para volver novamente á fase do dobre apoio.
  O tronco ha de manterse sempre vertical. As cadeiras realizan un movemento rotatorio ao compás do         movemento de pernas, evitando variar de altura na medida de o posible o centro de gravidade. Os brazos, pola súa banda, realizan unha función de equilibrio.



Video de unha competición de marcha, a nivel mundial.



Isto e todo, Un saúdo.






Continuamos ca natación.

Tras un novo dia de piscina (tras perderme a clase anterior) continuamos mellorando nos estilos da natación. Esta mañan centramonos sobre todo en crol, ainda que tamen lle demos un repaso a braza e a espalda.

  • Braza: Continuamos fijandonos na posición dos pes, e a maioría xa conseguimos dominar este estilo e a posición dos pes.
  • Espalda: Na espalda continuamos mellorando a nosa técnica.
A clase de natación de hoxe estivo dirixida principalmente o estilo crol, donde hoxe avaliamos os nosos compañeiros, hoxe exercemos como profes tomando nota de como os nosos compañeiros nadan o estilo crol.
Tivemos que fijarnos en:

  • Ación do corpo.
  • Ación dos brazos.
  • Ación das pernas.
  • Respiración
(Esta parte completareina mais proximamente)
Destes aspectos todos tivemos que fijarnos para avaliar aos nosos compañeiros, e puntuar cada aspecto do seu estilo. Hoxe actuamos por primeira vez como técnicos deportivos.

Proximamente continuarei contandovos mais sobre os meus progresos no mundo acuatico.
Un saúdo.

miércoles, 16 de octubre de 2013

Mellorando nas clases de natación

Despois de un mes xa na piscina de frigsa continuo ca miña evolución nos diferentes estilos da natación, e pouco a pouco estou mellorando en cada estilo. Comezaremos a falar da braza.

Braza: Na braza alguns alumnos tivemos problemas ca posición dos nosos pes, polo cal debemos practicalo para conseguir levalo a cabo, podo decir que eu xa conseguin poñer os pes na  sua correcta posición.

Posición das pernas en braza:

  O movemento que realizan as pernas na brazada e o que vemos na fotografia da dereita.

1. As pernas parten dunha posición estiradas e xuntas.
2. Despois as pernas abrense para facer o impulso e avanzar nadando.
3. Levase a cabo unha flexión nos xeonllos.
4. E logo estan os pes, que deben estar doblados cara o exterior. (aqui foi onde atapamos os maiores problemas).


Crol: No crol estivemos aprendendo a respirar cara os dous lados, tanto pa dereita como pa esquerda, respirando cada brazada. Hai persoas as que lles costa respirar para ambos lados, outras solo conseguen respirar para o seu lado bo, outras respiran xa para os dous lados ainda que lle costa un pouco respirar para o lado malo e outras xa dominan a respiración para ambos lados. Eu por sorte xa son capaz de respirar para ambos lados sen ningun problema.



Respiración en crol: A respiración en crol, podese realizar tanto pa dereita como pa esquerda, e pode realizarse cada brazada, cada duas brazadas, tres, catro ou as que prefira o nadador. A respiración debe estar coordinada co movemento dos brazos.
A respiración debe estar coordinada co recobro que realizan os brazos.
1. A cabeza entra a vez que a man.
2. Mantense durante o recobro.
3. Girase o final.


Espalda: Na espalda estamos aprendendo a manter o equilibrio na auga, aprendendo o movemento dos brazos e pernas, pero ata o momento non avanzamos moito neste estilo da natación.


Mariposa: de momento pouco puidemos disfrutar e practicar deste estilo que parece o mais espectacular dos catro estilos. Solo aprendemos un pouco o movimiento dos brazos e das pernas.


Destes dous estilos espero pronto añadir mais información de como son e como se realizan ambos estilos.




Espero que pronto consiga nadar asi os catros estilos.
Un saudo



lunes, 7 de octubre de 2013

Clases de Natación

Catro semanas (catro clases) de natación xa nos serviron para practicar os catro estilos que forman parte da natación. Comezamos con braza e crol, no primeiro buscamos executar ben o movemento dos pes e no segundo chegar a respirar cara os dous lados, ahora comezamos ca espalda e iniciamonos no estilo da mariposa.
Tras estas clases de natación puiden comprobar que os meus estilos son os que se realizan cara adiante, principalmente crol, ainda que na braza e na mariposa tampouco teño problema ningún, por outro lado na espalda necesito mellorar moito, pero con mais clases espero dominar ben os catro estilos e convertirme nun bo nadador.

Aqui é o lugar donde cada luns pola mañan melloramos a nadar e aprendemos cousas sobre o mundo da natación.

Xa vos irei contando os meus progresos,
Un saúdo

domingo, 29 de septiembre de 2013

Natación

En AF Individules comezamos a tratar o tema da Natación, e as súas distintas disciplinas, ainda que neste Blog falarei da Natación deportiva e as súas modalidades, pero aparte desta disciplina hai outras como: saltos de trampolin, waterpolo, natación sincronizada entre outros... Comenzarei a falar dos estilos da Natación.
Crol.
- Medio fondo: 50,100,200 e 400 metros.
- Fondo: 800, 1500 metros.
Braza.
- 50,100 e 200 metros.
Mariposa.
- 50, 100 e 200 metros.
Espalda.
- 50, 100 e 200 metros.
Aparte de estes catro estilos, hai outras modalidades que combinan estes estilos.
Prueba de relevos.
- 4*100 libre, 4*200 libre e 4*100 estilos
Estilo individual.
- 200 e 400 metros.
Estas son todas as probas que se realizan nun campeonato do mundo de Natación, aqui vos deixo as probas máis interesantes do ultimo mundial de Natación disputado en Barcelona, para finalizar deixo un video do mellor nadador da historia, Michael Phelps.
Aqui vos deixo,
Un Saudo.