A marcha atlética
A Marcha Atlética é unha progresión de pasos executados de modo que o atleta se manteña en contacto co chan, co fin de que non se produza perda de contacto visible (a simple vista). A perna que se avanza ten que estar recta, (é dicir, non dobrada polo xeonllo) dende o momento do primeiro contacto co chan ata que se ache en posición vertical.
REGLAMENTO
Xuíces.
- Os Xuíces de Marcha designados elixirán un Xuíz Xefe, se o devandito Xuíz non foi nomeado con anterioridade.
- Todos os Xuíces actuarán individualmente e os seus xuízos basearanse en observacións feitas a simple vista.
- Nas probas en estrada, deberá haber normalmente un mínimo de seis e ata un máximo de nove Xuíces, incluído o Xuíz Xefe.
- En probas en pista, deberá de haber normalmente seis Xuíces, incluído o Xuíz Xefe.
- Os atletas teñen que ser advertidos cando, polo seu modo de progresión, corren o risco de incumprir as normas. Un disco amarelo co símbolo en ambas as dúas caras da irregularidade cometida seralles mostrado.
- Non poderán ser obxecto dun segundo aviso do mesmo Xuíz pola mesma infracción. Despois de avisar un atleta, o Xuíz ten que informar desta acción o Xuíz Xefe despois da competición.
Cando un Xuíz observa a infracción, en calquera momento da proba, ben por perda visible de contacto ou por dobrar o xeonllo, o Xuíz enviará unha Tarxeta Vermella ao Xuíz Xefe.
Descalificación.
- Despois de tres tarxetas vermellas de tres xuíces diferentes fosen enviadas ao Xuíz Xefe o atleta será descualificado e informado desta descualificación polo Xuíz Xefe ou o seu Adxunto mostrando ao atleta un disco vermello. A ausencia de notificación non levará consigo a recualificación dun atleta descualificado.
- En ningunha circunstancia ningún Xuíz pode emitir dúas tarxetas vermellas ao mesmo atleta.
As carreiras comezaranse co disparo dunha pistola. Utilizaranse as ordes e o procedemento das carreiras superiores a 400 m. En carreiras onde haxa un gran número de atletas, deberá darse un aviso 5 minutos antes da saída da carreira, así como outros avisos adicionais se fosen necesarios.
Postos de Esponxas, Bebidas e Avituallamento
- Na saída e chegada de todas as carreiras haberá auga e outros refrescos apropiados.
- Para todas as probas ata 10 Km. inclusive se poñerán postos con intervalos apropiados.
- Para todas as probas superiores a 10 Km., poñeranse postos de avituallamento en cada volta.
- Un atleta que se procure avituallamento en calquera outro lugar distinto dos postos asignados, exponse a ser descualificado polo Xuíz-Árbitro.
Desenvolvemento da Proba
- Nas probas de 20 Km. ou máis, un atleta poderá abandonar a estrada ou pista co permiso e baixo a supervisión dun Oficial, sempre que a distancia por percorrer non sexa diminuída ao deixar o circuíto.
- Se o Xuíz-Árbitro está convencido, respecto ao Informe dun Xuíz ou dun Auxiliar, que un atleta deixou o percorrido marcado, reducindo así a distancia a percorrer, o atleta será descualificado.
- Dobre apoio: Esta fase dáse cando ambos os dous pés do atleta se encontran apoiados no chan.
- Tracción: Nesta fase da técnica o atleta leva as cadeiras cara a diante ata que o centro de gravidade coincide coa vertical da perna de ataque e se inicia o movemento de brazos.
- Relaxación: É o momento no cal as cadeiras se encontran sobre a vertical da perna adiantada, apoiada xa na totalidade da planta do pé.
- Impulso: Nesa fase, o centro de gravidade supera a vertical da perna de ataque. A perna que realizou a fase de tracción realiza un impulso marcando a extensión do nocello, mentres que a outra, acompañada dunha rotación de cadeira, lévase cara a adiante para volver novamente á fase do dobre apoio.
Video de unha competición de marcha, a nivel mundial.
Isto e todo, Un saúdo.